mércores, 24 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA DE NARRATIVA

 Hoxe no Club de Lectura de Narrativa comentamos o libro "Contigo na nube", unha historia que trata de forma moi directa o Acoso Escolar a través da narración, o comic e o teatro, todo nun mesmo libro!

Aínda que nos resultou un libro algo complicado, parecéronnos moi interesantes as distintas perspectivas que amosa desta forma de violencia, así como as estratexias que podemos empregar para intervir se algún día nos atopamos cunha situación parecida.

Para complementar a actividade, e darlle visibilidade a este tema, as nosas lectoras están elaborando un mural contra o acoso escolar. Está quedando chulísimo!











venres, 19 de abril de 2024

PRIMEIROS AUXILIOS

 Hoxe en 3° de Educación Primaria, Laura da Cruz Vermella explicounos como podemos evitar accidentes domésticos, que debemos ter no botiquín, como actuar ante unha emerxencia... Aprendizaxes moi necesarias.

Grazas e despedímonos de Laura con moita pena porque hoxe fixemos o último obradoiro.









xoves, 18 de abril de 2024

FINAL DO TORNEO DE DOBBLE

 Hoxe celebraronse as finais do torneo de Dobble. Era tal a expectación que os voluntarios que organizaron esta última xornada tiveron que colocar cadeiras para o público.

Houbo unha campioa/un campión e un subcampión/subcampioa por cada ciclo de primaria.
Cada participante finalista levou un diploma e un agasallo doce.
Gracias aos organizadores e ás persoas participantes por saber gañar e perder con deportividade!




mércores, 17 de abril de 2024

REVISIÓN DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA

 Hoxe visitounos alumnado da facultade de óptica e optometría de Santiago de Compostela para facerlle unha revisión os nosos cativos e cativas de 2° e 3°de primaria.







 

Spring is here!
Rocío has showed us different ways of painting spring.
Later we Have represented our Own springs using Abstract ideas.... We are fantastic artists!
Do you like them?

A primavera está aquí!
Rocío amosounos diferentes maneiras de pintar a primavera.
Máis tarde representamos os nosos propios manatiais usando ideas abstractas... Somos uns artistas fantásticos! Gústanche?