Hoxe a psicóloga Alba Pérez (Exeria Proxecto) veu a tratar co alumnado de 6° a resolución de conflictos, pautas, prevención e comportamento ante os mesmos.
mércores, 13 de marzo de 2024
VISITA DE MARÍA CANOSA
Hoxe o alumnado de 1°, 2°, 3° e 4° tivemos a visita de María Canosa Blanco, que nos veu contar algúns dos seus segredos como escritora e tamén falar dos libros que lemos nas aulas: "A cazadora de estrelas" e "O día que choveu do revés".
CONCURSO ENREGUÉIFATE. GAÑAMOS!
O alumnado de 6º de primaria participou no concurso "Enreguéifate".
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.
Hai uns días recibimos a boa nova de que somos un dos coles gañadores deste certame na categoría escolar "mais reivindicativa".
Podes ver a noticia no seguinte enlace.
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=23174
Podes ver os videos premiados na seguinte ligazón:
https://enregueifate.gal/edicion-2024-ganadores/
O mércores 3 de abril haberá unha entrega de premios no Teatro principal de Santiago de Compostela.
sábado, 9 de marzo de 2024
FORMACIÓN POLOS CREATIVOS
venres, 8 de marzo de 2024
VISITA 8M
Hoxe celebramos o 8M visitando a depuradora Joyfra, unha empresa dirixida por mulleres.
Alí explicáronnos todo o proceso de depuración do mexillón dende que sae da batea ata a comercialización no supermercado. Unha xornada moi interesante.